- Editorial:
- EDITORIAL GALAXIA
- Ano de edición:
- 2014
- ISBN:
- 978-84-9865-575-9
- Páxinas:
- 240
- Encadernación:
- Otros
- Colección:
- MEMORIAS
EPISTOLARIO
DÍAZ CASTRO, XOSÉ MARÍA
Para calquera escritor, a recuperación e publicación das cartas que enviou e recibiu a través dos anos é fundamental, pois moitas cuestións literarias poden ter ?e habitualmente teñen? a súa pertinente aclaración na correspondencia dos autores. Díaz Castro non é nisto unha excepción e aí reside a razón de ser da presente obra: exhumar as misivas coñecidas de contido literario das que o autor de Nimbos participou como emisor ou como receptor.
Este Epistolario compila todas as cartas de interese literario cruzadas entre Xosé María Díaz Castro e outros autores ao longo de varias décadas. Nelas trátanse asuntos relevantes de xorne crea tivo e biográfico, de interese non só para a reconstrución de episodios decisivos da vida e obra do escritor de Guitiriz, senón tamén para o mellor coñecemento de interlocutores como Ricardo Carballo Calero, Xosé Díaz Jácome, Francisco Fernández del Riego, Luís González Tosar, Aquilino Iglesia Alvariño e Ramón Piñeiro, entre outros. A lectura destas cartas achega novas importantes sobre a poética de Díaz Castro, o envío de colaboracións aos medios, opinión lingüísticas diversas, a xestación e recepción das edicións de Nimbos, o seu nomeamento como correspondente da Real Academia Galega ou a súa participación en acontecementos literarios. Considerados no seu conxunto, estes textos fornecen unha documentación privilexiada para contextualizar a obra literaria do escritor e a relación mantida con outros autores do seu tempo.