- Editorial:
- XERAIS
- Ano de edición:
- 2002
- Materia
- Xuvenil
- ISBN:
- 978-84-8302-858-2
- Páxinas:
- 128
- Encadernación:
- Rústica
- Colección:
- FORA DE XOGO
¡BALEA MORTA OU LANCHA A PIQUE!
JAUREGUIZAR
Exposito Vindeira, o capitán Thunderskin, o fareiro ribadense protagonista de A rutina corsaria, a exitosa novela de piratas que Jaureguizar publicou dentro de ?Xerais Fóra de Xogo?, viaxa, acompañado pola súa tripulación, ata a illa de Nantucket nos Estados Unidos co obxectivo de visitar o Pequod, o barco co que Ahab dera caza á Moby Dick nos mares do Sur, que viña de ser rehabilitado. Alí Thunderskin, o bravo pirata alcumado Pel de Trono, e os seus dous amigos corsarios, o mestre Henrique Ferreiro e Joao, o mariñeiro portugués, tomarán por asalto aquel casco envellecido por milleiros de singraduras para, seguindo as grandes vetas oceánicas, procurar a nova grande balea branca, a arrepiante Dolly Dick.
Jaureguizar ofrécenos en ¡Balea morta ou lancha a pique!, a segunda entrega de ?As aventuras do capitán Thunderskin?, a primeira serie de novelas de piratas da literatura galega. Aventuras trepidantes, fantasía desbordada, humor a mans cheas, xogo con anacronismos deliberados (videoxogos, baleas clónicas?) e o teón de fondo constante da xenial Moby Dick de H. Melville constitúen algúns dos ingredientes cos que está construída esta novela fascinante.