- Editorial:
- XERAIS
- Año de edición:
- 2023
- ISBN:
- 978-84-1110-440-1
- Páginas:
- 176
- Encuadernación:
- Rústica
UN MILLÓN DE VACAS
MANUEL RIVAS
Este libro nace fundamentalmente da observación. A través destes relatos, como fogaradas, como rápidas instantáneas, viaxamos por tipos humanos, situacións, contrastes e anécdotas que se presentan como un singular retablo da Galicia que vivimos. Entre o videoclip e o angazo na ría, entre o turbo e a corredoira, as parabólicas e o tute, as bandas modernas e a pensión agraria...
En «Un millón de vacas», o Manuel Rivas periodista vai da man do Manuel Rivas escritor, enriquéceo. A imaxinación é unha ferramenta nesa viaxe de descuberta. Hai moito matiz e sensibilidade nestas páxinas que anuncian de primeiras divertimento, un xogo, unha explosión de humor, pero que axiña afondan tamén na outra cara da realidade, a menos visible, e invitan a exercitar o noso espírito crítico.