- Editorial:
- KALANDRAKA
- Año de edición:
- 2006
- Materia
- Infantil
- ISBN:
- 978-84-8464-571-9
- Páginas:
- 32
- Encuadernación:
- Cartoné
- Colección:
- TRAS OS MONTES
O LIBRO DOS PORCOS
BROWNE, ANTHONY
A recuperación dun clásico maxistral. Un álbum valente e orixinal, unha reflexión sobre o machismo e a discriminación de xénero chea de ironía e sentido do humor. Bule co almorzo, muller! Bule co almorzo, mamá! berrábanlle todas as mañás á señora Porcón, como ocorre en moitos fogares, antes de marchar ás súas importantísimas ocupacións. Pero, un día, cansa, despediuse cunha nota que dicía: Sodes uns porcos! A partir de entón, nada volveu ser o mesmo. Ademais da indubidable actualidade do tema e do seu acertado tratamento, O libro dos porcos é un álbum ilustrado perfecto, cuxa relectura nos fará descubrir -dende a cuberta ata a contraportada- unha infinidade de divertidos indicios, detalles ocultos e metáforas visuais que dialogan cos lectores e lectoras na busca da súa complicidade. Kalandraka recupera este clásico escrito e ilustrado por Anthony Browne en 1986, ideal para compartir e reflexionar con público de diferentes idades.