- Editorial:
- TRIQUETA VERDE
- Año de edición:
- 2023
- ISBN:
- 978-84-18687-58-7
- Páginas:
- 116
MALVARINA 3
UNHA AXUDANTE SOSPEITOSA
ISERN, SUSANNA
A autora de éxito Susanna Isern, non deixa títere con cabeza nesta terceira aventura de Malvarina. A mais tenebrosa das publicadas ata agora.
Que significa ser a bruxa dunha vila? Eu cría que, agora que as bruxas malvadas de Vilagrís estaban medio desaparecidas, viviría tranquila na miña Casiña Malva facendo as miñas cousas de bruxa.
O que nunca imaxinei é que tería tanto traballo, que houbese filas monumentais de xente na porta da miña casa nin que acabaría o día tan esgotada.
Credes que podería ir na busca dunha axudante? E se che digo que mesmo aparece na porta da miña casa, abriríaslle?
- Unha serie de novelas infantís onde a protagonista, Malvarina, tratará de aprender a ser bruxa seguindo as súas propias normas, algo que traerá de cabeza ás tres bruxas malvadas. A inocencia e valentía desta pequena tan pouco convencional gañarase un oco nos corazóns de todos os lectores.
- Divertirse lendo. Fomentar a empatía, a tolerancia e o respecto. Valorar a amizade e abrazar a diferenza.
- Novela infantíl con calidade literaria.
- Xenial para a dinamización de clubes de lectura.