- Editorial:
- EDITORIAL GALAXIA
- Año de edición:
- 2020
- ISBN:
- 978-84-9151-480-0
- Páginas:
- 148
- Encuadernación:
- Otros
ILLADOS. DIARIO DUNHA PANDEMIA
LOPEZ SANDEZ, MARIA / GOMEZ MUÑIZ, MIGU
A primavera de 2020 mudou para sempre as nosas vidas e deixará, sen dúbida, fondas pegadas na memoria da nosa xeración
A cámara de Miguel Muñiz condensa, en imaxes, moitas das emocións experimentadas ao longo destes días que transcorreron baixo a sombra da pandemia: o baleiro das rúas, os ollos asustados, a épica da loita, as historias de camioneiros en tránsito e circos varados nun tempo estraño, escolas desertas e nenos confinados, reencontros e fronteiras, a vida que á fin agroma entre as fendas
Imaxes e textos; literatura e fotografía; poesía e ensaio. A arte coma unha arma para enfrontármonos ao mundo e dotalo de sentido. Ao xeito de Boccaccio e os seus cen contos do Decamerón, erguéndose, con vitalismo, fronte á peste negra, os textos de María López Sández acompañan e interpretan estas fotografías que lle dan forma ao que sentimos e o integran con tinta imborrable na nosa experiencia.