- Editorial:
- KALANDRAKA
- Año de edición:
- 2021
- ISBN:
- 978-84-1343-077-5
- Páginas:
- 36
- Encuadernación:
- Cartoné
FACER DEDO
KARSTEN, GUILHERME
«Facer dedo» é unha historia disparatada, unha aventura chea
de humor e situacións hilarantes que transcorre a bordo
dun automóvil ao que se van incorporando peculiares pasaxeiros.
Un texto rimado presenta a un surfista que se prepara para ir
á praia coa súa táboa. O resultado deste libro
de Guilherme Karsten é un relato acumulativo, con moito ritmo
e sonoridade, e cun esquema circular que culmina nun final
sorprendente e aberto.
A proposta gráfica, que transcorre de forma liñal, destaca
polo colorido das escenas e polos contrastes cromáticos
no marco dunha estética urbana, alegre e desenfadada.