- Editorial:
- KALANDRAKA
- Año de edición:
- 2016
- Materia
- Infantil
- ISBN:
- 978-84-8464-259-6
- Páginas:
- 40
- Encuadernación:
- Cartoné
- Colección:
- DEMADEMORA
A ÁRBORE DA ESCOLA
SANDOVAL, ANTONIO
"No patio da escola había unha árbore. Só unha.
A Pedro gustáballe correr preto daquela árbore durante
os recreos. Cando pasaba ao seu lado mirábaa de esguello, para non chocar con ela. Un día, detívose e fixouse
no seu aspecto. Era moi delgada, con pólas finas,
como de arame, e tiña unhas poucas follas secas.
Pedro achegouse e acariñou o seu tronco?"
A importancia da educación ambiental, o contacto directo
do alumnado coa natureza para a súa formación integral
e o espírito colaborativo na comunidade educativa están presentes
en ?A árbore da escola?. Esta historia de estrutura circular narra
-cunha linguaxe sinxela- a relación entre un neno e unha pequena árbore que vai medrando grazas ao agarimo que recibe del,
e ao afecto doutros compañeiros que seguen o seu exemplo.
Malia a reticencia inicial a que interactuaran coa árbore,
a propia mestra acaba sumándose tamén á iniciativa dos alumnos,
que conseguen chamar a atención dos botánicos.