0

Búsqueda de Editorial : XERAIS / Colección : FORA DE XOGO 158 resultados

  • FLANAGAN BLUES BAND
    FLANAGAN BLUES BAND
    MARTÍN, ANDREU / RIBERA, JAUME
    En Flanagan Blues Band o xa famoso detective Flanagan, alcume do quinceaneiro Juan Anguera, presenciará un asasinato no seu propio barrio. Terá que intentar demostrar a inocencia do detective Oriol Lahoz como asasino do párroco do barrio, Mosén Roberto. As xoias da familia Garreta serán o móbil do asasinato e o motivo de que o noso detective se meta en leas coa policía, coa net...
    Consultar disponibilidad

    14,50 €

  • A TRIBO DO MAR
    A TRIBO DO MAR
    PÉREZ, LOIS
    Alexandra mira o mar de Burela e soña con goles imposíbeis; cando virá súa nai de Cabo Verde? Namentres, a miles de quilómetros ao outro lado do océano, o señor Abdallahi non sabe de Tihani; onde se metería o rapaz? Terá problemas co vello Mahmoud? Samba estraña moito o seu pai, pois Souleymane marchou hai xa un mes. Libia non era o que pensaba. O Mediterráneo parece agora infr...
    Consultar disponibilidad

    12,95 €

  • BULLYING
    BULLYING
    ALONSO, ALEX
    Mergullándose en temas que centran o universo adolescente, como as redes sociais, a homosexualidade e, sobre todo, o acoso escolar, "Bullying", de Álex Alonso, foi galardoada co Premio de Narración Curta Ánxel Fole. A mellor reflexión sobre a novela está nas palabras iniciais do seu protagonista: «Cada vez que entro ao instituto penso no inferno, e, sinceramente, preferiría mel...
    Consultar disponibilidad

    12,95 €

  • CICUTA PARA DOUS
    CICUTA PARA DOUS
    LEIRA, ROCIO
    «Búscase persoa curiosa para resolver crime que aínda non se cometeu.» A aparición desta mensaxe na sección de anuncios por palabras dun xornal esperta a atención de Erundino Terrón, un filósofo solitario e rosmón. Xunto coa súa secretaria Irma, verase inmerso nunha investigación contra o reloxo que o levará a desentrañar as mensaxes cifradas que chegan cada mañá nas páxinas do...
    Consultar disponibilidad

    12,95 €

  • A LEBRE MECÁNICA
    A LEBRE MECÁNICA
    COSTAS, LEDICIA
    As cousas entre Nana e Corvo ultimamente non van nada ben. Conseguiran construír un mundo onde compartían todo: películas, música, manga, videoxogos... Non querían separarse nunca. Mais iso era antes. Agora Corvo desaparece durante horas e non conta onde vai. Cando Nana lle pregunta que lle pasa, enfádase. No seu grupo de amigos ninguén comprende que lle sucede. Desde que empez...
    Consultar disponibilidad

    12,95 €

  • QUE ME PARE O CORAZÓN SE TE ESQUEZO
    QUE ME PARE O CORAZÓN SE TE ESQUEZO
    ANDREA MACEIRAS / MACEIRAS, ANDREA
    Blue Shiva é a deusa das redes sociais. Na súa popular canle aparecen os retos virais máis arriscados. Pero tamén é unha deusa fráxil. A noite en que decide camiñar polo bordo dun edificio de dez andares, só desexa que a chuvia deteña a súa ousadía. Porén, Nordestal é unha cidade ventosa, e Blue Shiva precipítase ao seu propio abismo. Axiña as redes sociais difunden a nova da s...
    Consultar disponibilidad

    13,50 €

  • A LADROA DA BIBLIOTECA DE MEIRÁS
    A LADROA DA BIBLIOTECA DE MEIRÁS
    MEJUTO, EVA
    O prohibido era excitante e aterrador ao tempo. O perigo de ser vista, o medo de que desen con ela, formaba parte dun xogo ao que Mariña estaba prendida. Coábase na mellor biblioteca do mundo, co universo enteiro para ela arrombado nos andeis. Ata que non puidese saír da aldea, ese era, sen dúbida, o único paraíso posible. Ás veces a felicidade era tal que esquecía onde estaba ...
    Consultar disponibilidad

    13,50 €

  • O CONSERXE
    O CONSERXE
    VAZQUEZ SOMOZA, XOSE LUIS
    A vida nun IES de nova creación vese alterada por un acontecemento dramático: aparece o cadáver de Iria García, unha alumna de 1º de Bacharelato, colgado no aro dunha canastra. As protocolarias investigacións policiais e xudiciais conclúen, segundo o criterio do conserxe, cun desacertado informe de posible suicidio. A partir de aquí comezan as indagacións oficiosas do propio co...
    Consultar disponibilidad

    13,50 €

  • IN MEMORIAM
    IN MEMORIAM
    CARBALLUDE, PEPE / PEPE CARBALLUDE
    A chegada dun grupo de voluntarios da Asociación para a Recuperación da Memoria Histórica para escavar o antigo Parque da cidade, onde se cre que están os restos dun fusilado pouco despois da Guerra Civil, desencadeará un lote de sorpresas, que saldarán débedas pasadas e avivecerán vellas historias adormecidas. Novela de plena actualidade, na que se quere facer xustiza e homena...
    Consultar disponibilidad

    13,50 €

  • SANTOAMARO
    SANTOAMARO
    FRAGA, ANTONIO MANUEL / ANTONIO MANUEL FRAGA
    Finalizado o seu derradeiro ano no instituto, unha cuadrilla de rapaces e rapazas disponse a gozar do verán tras o cal, posiblemente, os seus camiños se afastarán para sempre. Despois dunha noite de festa acaban na praia de Santo Amaro, onde prometen xuntarse nas madrugadas dos sábados para bañarse no mar e conversar. Nese único escenario van agromando as relacións e os segredo...
    Consultar disponibilidad

    13,50 €

  • CAMIÑO PERIGOSO
    CAMIÑO PERIGOSO
    LOUREIRO, ÁNXELA / ANXELA LOUREIRO
    En tempos das revoltas irmandiñas, a vida non era doada para a xente do común. A protagonista decátase da inxusta realidade ao ver en perigo a súa familia e decide emprender un arriscado percorrido na procura da liberdade dos seus seres queridos. A adversidade, a fatiga, os medos e as doenzas non impiden que siga adiante e se mergulle nunha apaixonante aventura. A narración mes...
    Consultar disponibilidad

    13,50 €

  • A MEMORIA DOS PAXAROS
    A MEMORIA DOS PAXAROS
    GONZÁLEZ COSTA, TERESA / TERESA GONZALEZ COSTA
    A aparición dun mozo inconsciente nunha reserva de aves a noite do Samaín coincide cunha serie de fenómenos estraños que se empezan a dar na vila. Os despoxos de paxaro aparecen polos camiños, escóitanse chíos arrepiantes e hai cortes de luz inexplicables. A sombra dun terrible ser mitolóxico emerxe das tebras, ao tempo que un especulador de terreos asegura ter a solución a tod...
    Consultar disponibilidad

    13,50 €

  • 48 HORAS
    48 HORAS
    PANIAGUA POUSA, CÁNDIDO
    Ninguén imaxinaba que a gravación dun documental para a materia de Historia remataría de forma tráxica coa enigmática desaparición de Lois Figueirido. Familia, amizades e veciñanza mobilizaranse e achegarán todos os seus esforzos para dar con el. Mais, para avanzar na investigación, deberán someterse a unha introspección, botar man da historia local e axudarse das redes sociais...
    Consultar disponibilidad

    13,50 €

  • TRESCATORCEDEZASEIS
    TRESCATORCEDEZASEIS
    LEIRA, ROCIO
    «Xogamos?» Ese é o contido dun correo electrónico que un día recibe o profesor Benavides. O matemático acepta o lance e dende ese intre terá que desentrañar o misterio que se agocha tras os asasinatos que se están a producir no campus universitario. Coa axuda de Silvia, unha enigmática alumna da facultade de Matemáticas, Benavides deberá resolver os desafíos lóxicos que un inte...
    Consultar disponibilidad

    13,50 €

  • O GRUPO
    O GRUPO
    ALFAYA, AN
    Sentiches discriminación algunha vez polo teu aspecto, a túa orixe ou a túa orientación sexual? Serías quen de desprazarte a diario pola túa cidade nunha cadeira de rodas? Imaxinas ter un pai maltratador? Antón, Runa, Carla, Amina e Nico son adolescentes que viven en primeira persoa algunha destas situacións. Deciden acudir ao Centro Cívico do seu barrio seguindo o consello do...
    Consultar disponibilidad

    13,50 €

  • PENUMBRA
    PENUMBRA
    LANDESA, DANIEL
    A desaparición de Bryn, unha das sentinelas do muro de entullo que protexe Terra de Sol do escuro reino de Penumbra, pon de manifesto a sombra que ameaza a convivencia entre os cinco territorios de Sol: Desértica, Montaña de Xeo, Cavernas de Sombra, Terra de Sur e Illa Dourada. Ashlyn, a pequena irmá da sentinela desaparecida, é quen avisa as cinco terras do perigo e, ademais, ...
    Consultar disponibilidad

    13,50 €

  • DRAGAL V
    DRAGAL V
    GALLEGO ABAD, ELENA
    Nalgún lugar da costa galega os dragalianos exploran os seus poderes. Híbridos entre humanos e dragóns, invisibles ao ollo humano durante milenios, poderán eludir a tecnoloxía do século XXI? Mentres o cabaleiro alquimista ensaia a fórmula que garantirá a supervivencia da estirpe, as damas da Fraternidade alíanse para protexer a xestación dunha nova criatura. Pero os inimigos do...
    Consultar disponibilidad

    13,50 €

  • REVOLUCIÓN DETRITO
    REVOLUCIÓN DETRITO
    DE CEA, XOSÉ
    Ticho é un neno de once anos que malvive nunha chabola xunto co seu pai eivado e a súa irmá Area. El traballa de sol a sol nunha mina de carbón e a irmá fai outro tanto nun vertedoiro de lixo. É a única saída que teñen para sobrevivir na República de Ocidia, un país gobernado con luva de ferro por un ditador tan extravagante coma sanguinario. A vida de Ticho estará marcada por...
    Consultar disponibilidad

    13,50 €

  • A GUERRA DOS BOTÓNS
    A GUERRA DOS BOTÓNS
    PERGAUD, LOUIS
    Levada ao cine con éxito en varias ocasións, a novela A guerra dos botóns, de Louis Pergaud, relata a intensa rivalidade que enfronta os nenos e nenas de dúas vilas veciñas, rivalidade que dá lugar a numerosas emboscadas, golpes, batallas, insultos e pedradas repartidas entre un e outro bando. Publicada en 1912, esta obra é un clásico que fala da infancia, da amizade, do compa...
    Consultar disponibilidad

    13,50 €

  • SINGAMIA 1.1
    SINGAMIA 1.1
    CARIDE, RAMÓN / RAMON CARIDE
    A comezos da década de 1980, Ric Ocasek, cantante de The Cars, dicía: «Os coches mudaron as nosas vidas, a xente fai o amor, nace e morre dentro deles. Ás veces mesmo chegan a conducilos.» Así acontece hoxe coas máquinas: dos ascensores á intelixencia artificial, dos drons aos videoxogos, dos escáneres cerebrais ás cámaras ocultas. Obsérvannos até facernos transparentes. Non ha...
    Consultar disponibilidad

    13,50 €

  • A CHAVE DAS NOCES
    A CHAVE DAS NOCES
    Mauro coñece a cidade por arriba e por abaixo. Traballa na axencia de detectives Nacho, que acepta todo tipo de casos que lle propoñen para investigar. A aparición dun cadáver nas augas do porto virá interromper as súas actividades de investigador a comisión para verse metido nos turbios manexos dun grupo de «prestixiosos industriais da nosa cidade», como lles chaman os xornais...
    Consultar disponibilidad

    13,50 €

  • APLICACIÓN INSTANTÁNEA
    APLICACIÓN INSTANTÁNEA
    NEGRO, CARLOS / CARLOS NEGRO
    Con Aplicación instantánea, a poesía conecta de modo inmediato co sistema operativo das túas emocións. Se decides descargar este programa no teu menú de lecturas, terás acceso ilimitado ao universo afectivo de catro avatares que entran na vida co furor da irreverencia: contra a orde exacta dos armarios, contra o balbordo das atraccións de feira, contra o monocultivo cerebral do...
    Consultar disponibilidad

    13,50 €

  • FÓRA DO NORMAL
    FÓRA DO NORMAL
    REIMÓNDEZ, MARÍA
    André, igual ca os heroes da Banda Deseñada como Superman, Batman e A muller marabilla que tanto admira, vive en conflito co seu corpo e coa súa identidade. Un conflito que lle parece irresoluble ata que ao seu instituto de Teis chega Mucha das Anzas, unha rapaza de Ribadeo que, contra todo prognóstico, non se sente fóra de lugar malia a súa orixe rural e a súa forma de entende...
    Consultar disponibilidad

    13,50 €

  • O QUE SEI DO SILENCIO
    O QUE SEI DO SILENCIO
    MACEIRAS, ANDREA / ANDREA MACEIRAS
    «Chámome Delia e son unha covarde. Esta é a historia de como acosamos a Silke durante os meses que estudou no noso instituto. E de como todo se nos foi das mans. Das miñas mans inútiles. E das manipuladoras mans de Xulia, Lara e Daniela. Das mans indiferentes de Marcos. Das sucias e miserables mans de Vítor. Das indecisas mans do meu irmán Iago. Diso vai este blog que acabo de ...
    Consultar disponibilidad

    13,50 €

  • SEGREDOS NO SOLPOR
    SEGREDOS NO SOLPOR
    MISA, IRIA
    En Bico durante os meses de vacacións todas as noites son de festa, mais o día que Lucía Xesta aparece tirada na estrada en fronte do Hotel O Solpor o verán semella quedar en paréntese. Algún coche que saíu da rotonda a máis velocidade da debida levouna por diante, e o condutor, ao parecer, deuse á fuga. A Mara que atropelasen a súa compañeira Lucía ás seis e media da mañá fron...
    Consultar disponibilidad

    13,50 €

  • A SOIDADE DO ASASINO
    A SOIDADE DO ASASINO
    REIGOSA, CARLOS G. / CARLOS G. REIGOSA
    A dialéctica entre o asasino e a vítima ten moitas máis caras das que imaxinamos. E isto é así porque nesta peza teatral, cando os dous comezan a falar, sucede algo inevitable e prodixioso: deixan de ser dous descoñecidos! Xa non son os estraños que eran, porque, con verdades e mentiras, van descubrindo as súas identidades. Isto condiciona a acción, demora os feitos e pon sobre...
    Consultar disponibilidad

    13,50 €

  • CEIBA DE LUZ
    CEIBA DE LUZ
    LOURENZO GONZÁLEZ, MANUEL / MANUEL LOURENZO GONZÁLEZ
    O achado nunha tenda de antigüidades dunha estatuíña humana, de ouro macizo e fasquía precolombina, desencadea a organización da expedición Ceiba de Luz. Un grupo heteroxéneo formado por dezaoito persoas e comandado pola profesora Sandra Olivares embárcase na aventura de chegar ao mítico Eldorado. Durante máis de dous meses atravesan a selva amazónica no Perú na procura das cul...
    Consultar disponibilidad

    13,50 €

  • 22 SEGUNDOS
    22 SEGUNDOS
    MEJUTO, EVA
    O que non se di é coma se non existise, afirmara o avó un día, e xa ía sendo hora de existir. Ata ese momento só vivira de portas para dentro. Agora xa non había marcha atrás. A cámara pedíalle que falase. " Son Álex, un mozo transexual. Abro este vlog para compartir con vós a miña vida. Quen me coñeza e estea a ver este vídeo entenderá moitas cousas, ou mesmo non compre...
    Consultar disponibilidad

    13,50 €

  • CORREDORA
    CORREDORA
    REIMÓNDEZ, MARÍA
    Genet Mullugueta naceu nunha aldea de North Wolloh en Etiopía. Dende noviña o que máis lle gustaba era correr e correr polo ventre da montaña. Mais a fame, a guerra e a figura do pai obrígana a acompañar a súa nai e a pedir esmola polas rúas inseguras e caóticas de Addis Abeba. Alí, vendendo panos nos cruzamentos, Genet coñeceu a Abebe, un médico e voluntario da federación de a...
    Consultar disponibilidad

    13,50 €

  • COSTA DO SOLPOR. O REGRESO DA ILLA DO TESOURO
    COSTA DO SOLPOR. O REGRESO DA ILLA DO TESOURO
    LEMA, XOSÉ Mª
    Un tradutor recibe un manuscrito no que un descoñecido escritor en lingua inglesa narra o regreso ó porto de Bristol da goleta Hispaniola, cargada cun fabuloso tesouro. Tal viaxe de volta non fora tan breve como a describira Robert L. Stevenson no derradeiro capítulo d?A Illa do Tesouro, pois unha violenta tormenta obrigou o navío a buscar refuxio nunha baía da galega Costa do ...
    Consultar disponibilidad

    17,95 €


01 02 03 04 05 06